lunes, 7 de junio de 2010

BICOS CON LINGUA.






O venres 14 de maio de 2010 emprendemos a marcha cara o auditorio de Gondomar.
Alí encontrámonos con Artur Trillo e Toño Casal actores da obra de teatro que iranos ver. Xa sentados e acomodados empezou a obra.
No primeiro sketch representaron o comportamento de dúas avoas na parada do autobús e o ridículo que poden a chegar a ser.
No segundo sketch representaban o difícil que pode chegar a ser , cambiar o teu nome do Castelán o Galego e sitúanse nun rexistro no que un funcionario intenta que cambie de ide meténdolle cousas raras na cabeza.
No terceiro sketch transmítennos que se deixamos de falar unha lingua acaba enfermando de gravidade representándoo con unha lingua de plástico a que lle inxectaban doses de substantivos, verbos , adverbios etc.
E no cuarto e ultimo sketch trasládannos a o futuro onde se encontran dúas persoas que falan a mesma lingua morta o Galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario